Reunión esta tarde do comité clínico para revisar o mapa de risco por concellos. Hai 8 que superan os 1.000 casos de incidencia.
Antes reunión da consellería de sanidade cos hostaleiros, para tratar de pechar un novo protocolo de medidas e aforos.
O secretario xeral dos socialistas galegos pide ós militantes que respalden a Pedro Sánchez no congreso federal. Caballero pide ás executivas provinciais e á militancia que non trasladen divisións artificiais.
Reunión ó máis alto nivel pra analizar a situación da central das Pontes. Asisten o ministerio de transición, a consellería de industria e a mesa de crise. Maessa, unha das auxiliares, quere despedir a medio cento de empregados
No concello pontevedrés de Portas, unanimidade nun pleno extraordinario pra repudiar a decisión de Abanca de deixar 3 mil veciños só cun caixeiro.
Os hospitais da Coruña, Santiago e Ourense ensaian unha vacina contra o cancro de cólon. Un tratamento pra pacientes con recidivas, de caracter persoalizado, que usa a mesma tecnoloxía que as vacinas contra a Covid de Pfizer e Moderna