Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 31/08/22 31/08/2022 30:06

Xornada de anuncios pros usuarios do transporte público en Galicia. Os usuarios dos buses que dependen da xunta terán dende mañá un 50% de desconto se teñen abonos ou tarxetas multiviaxes. O goberno galego únese así ás medidas de aforro enerxético aprobadas polo goberno nacional, que no seu caso afectan ó transporte por Ferrocarril. As peticións de abonos triplicáronse, segundo a Ministra portavoz que hai uns minutos anunciaba en VIgo que o traxecto entre SAntigo e Ourense tamén contará con esta vantaxe. Estase tramitando pra que así sexa

- O conselleiro de educación desbota as demandas das anpas de aumenta-lo apoio á diversidade

Román Rodríguez apela ós bos datos galegos no informe PISA, que avala o sistema educativo galego como o máis inclusivo de España. O BNG propón un programa extraordinario de bolsas anticrise para o inicio de curso.

- A conselleira de infraestructuras pon de exemplo ós concellos da marxe dereita da ría de Arousa na súa xestión da auga

Concellos nos que é a Xunta quen asume a xestión de abastecemento en alta desde o Ulla. Unha medida que promove a lei do ciclo da auga. Mentres, o Lérez segue baixando, pero confían na chuvia dos vindeiros días pra palialo.

- A seca provocará unha caída da produción de pataca da Limia

Algo de marta


- A Xunta activa un teléfono pra denunciar fraudes de xeito anónimo na campaña da vendima

Trátase de evita-la entrada de uva foránea, tanto en parcelas como en adegas, ou a falsificación de etiquetas, entroutras irregularidades

Galicia Informativos
Más opciones