Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 31/10/22
31/10/2022
25:06
O orzamento que a Xunta destinará o vindeiro ano a políticas sociais é o que máis se icnrementa. Porén, non servirá pra recupera-la tarxeta básica, que permitía ás familias vulnerables ter uns fondos cos que mercar alimentos ou productos de hixiene. A consellaria insiste, fronte ás demandas do sector e a oposición, en que esa ferramenta non é axeitada, e aposta por reforza-la renda de inserción, cunha suba do 8%.