Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 31/12/21 31/12/2021 30:06

O segundo fin de ano con pandemia é peor que o primeiro... Moitos máis enfermos, aínda de menos gravidade, e restriccións máis duras... hoxe estarán pechadas as salas de música e as ceas fóra reducíronse... lóxicamente sen cotillón nin baile.
Ademáis desde as tres da madrugada xa non poderá haber reunións de non conviventes nin dentro das casa nin fora.
Disfruten na medida do posible... Este último día do ano ten estes titulares que con Silvia Muiña abrimos cos datos da pandemia

- Galicia pecha 2021 con 42 mil persoas con coronavirus e case 6 mil novos positivos.

A taxa de positividade xa está no 32 por cento e a incidencia acumulada xa pasa dos 1.400 casos por cada cen mil habitantes.

- 31 de decembro de 2021, remata o ano pero non o Xacobeo que de xeito excepcional a causa da pandemia se prolonga todo o 2022.

Esta tarde non se procederá ó peche da porta Santa, como sería habitual, pero na praza da Quintana haberá un acto, conducido polo gaiteiro Carlos Núñez, para darlle á benvida á prolongación do Xacobeo.

- Ás 20:22... hora que cadra cos números do ano que entra, o concello de San Xoan de Río programa as badaladas.

Un acto co que queren reivindidar o rural e demandar as mesmas oportunidades que ten o resto.

- A falta de oportunidades leva a moitos mozos galegos a emigrar para poder desenvolver a súa carreria como investigadores.

Esta semana estiveron na Coruña para mostrarnos o seu traballo e ó mesmo tempo reivindicar oportunidades aquí

Galicia Informativos
Más opciones