Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 02/06/10
02/06/2010
50:47
Acusacións de corrupción entre partidos
No xuízo do "caso Gondomar", un constructor recoñeceu ter entregado 180.000 euros a un concelleiro do PP. O socialista Pachi Vázquez presentará mañá unha querela contra o dirixente do PP que acusou ó seu partido dun suposto desvío de fondos públicos. O Partido Popular pedirá un informe caligráfico para confirmar esa suposta trama, antes de decidir se acude ó xulgado. A Xunta gastará un millón de euros en promociona-lo decreto do galego no ensino. O paro baixou en maio en Galicia o 2'31%, medio punto máis ca na media do estado. O adestrador do Deportivo, Lotina, lamenta en RNE-G que Portugal non leve a Ze Castro ó Mundial (02/06/10)