Xosé López Orozco defendeu novamente a súa inocencia e cualificou de infamia as novas filtracions do sumario que instrue a xuiza de Lugo Pilar de Lara, en relación a investigación sobre a súa persoa pola adxudicación do servizo municipal do guindastre, e o suposto cobro de subornos. No grupo municipal, o BNG pide a demisión do alcalde. O PP di que Orozco xa non está lexitimado para a alcaldía.
-O presidente da Xunta insiste en que dará toda a información sobre os contratos do goberno galego na época en que mantivo relación co narco Marcial Dorado. A voceira de AGE preguntoulle si tampouco coñecía as actividades de Manuel Cruz, íntimo amigo de Dorado e chofer da Xunta, xa falecido.
-Os armadores galegos consideran insuficiente a modificación que deixa no 5 por cento o máximo de descartes que poderán arroxar ó mar.
-As frotas de Ribeira e Cambados, amarradas contra o plan do polbo da Xunta que obriga a recoller a diario as nasas.