Os alcaldes da Mariña de Lugo reclaman axudas de emerxencia polos danos do temporal
A Xunta estudia declara-la Mariña de Lugo "zona catastrófica" para facer fronte ós danos do temporal. Remiten as choivas pero varias estradas permanecen cortadas e, de novo, 700 alumnos quedaron hoxe sen clase.O escaleiro vigués Vulcano garante carga de traballos para os vindeiros dous anos tras pecha-la venda de dous buques sísmicos.Os prezos subiron tres décimas en maio en Galicia,unha máis que a media nacional.Os socialistas galegos celebran esta fin de semana a súa "conferencia política", na que participarán os ministros José Blanco,Francisco Caamaño e Elena Espinosa.Dez días despois, na ría de Vigo levántanse as restriccións impostas por un derrame de fuel.Na reportaxe, falamos de "transporte e mobilidade", dous conceptos que requiren dunha perpectiva novidosa, segundo expertos que se reúnen estes días en Santiago(11/06/10)