As caixas galegas dan os últimos pasos para a fusión
As cúpulas de Caixa Galicia e Caixanova aprobarán esta tarde o plan económico e o organigrama da caixa fusionada.CCOO e UXT convocan unha manifestación para o mércores en Santiago en contra da reforma laboral.A Xunta remite ós tres grupos parlamentarios domentación sobre a nova licitación da Autovía da Costa da Morte.O PSOE reclama máis información e insiste en que a Xunta de Feijóo pagou 400 millóns de sobrecusto.Luz Casal e Antón Lamazares,entre os cinco premiados coas Medallas Castelao.A cantante de Boimorto,que se recupera dunha intervención cirúrxica,non puido acudir a recolle-la distinción.O xuízo rápido polo caso do pai acusado de agredir ó seu fillo continuará o día 12 coa declaración do cativo.Lugo recupera pouco a pouco a normalidade tra-la tromba de auga e saraiba que caeu o venres sobre a cidade.70 organizacións de axuda ó desenvolvemento analizan en Santiago cómo erradica-la pobreza no mundo. A crise económica fai diminuí-las axudas á cooperación, segundo explicou en RNE o presidente da Coordinadora galega de ONgués,Xosé María Torres Bouza(28/06/10)