As fortes chuvias provocan o caos na Mariña de Lugo
Toda a costa de Lugo vive en situación de máxima alerta polas fortes chuvias que comenzaron onte e que ainda persisten.A auga acumulada provocou cortes de estradas,desbordáronse ríos e máis dun milleiro de nenos quedaron sen clase.Burela,Ribadeo,Foz,Barreiros e Cervo,os concellos máis afectados.Unións Agrarias denuncia a persecución da Xunta e do PP contra a súa organización.Feijóo xustificou o que chamou "comprobacións técnicas" en relación coa suposta trama agraria.Manuel Chaves dixo en Santiago que o Goberno central asumirá agora a súa responsabilidade,trala ruptura do diálogo social. O vicepresidente 3º avogou por perfecciona-los obxectivos das deputacións e por mancomunar concellos,en lugar de suprimilos. O vello cárcere de A Coruña acollerá dende esta tarde a exposición "Fron I to J",adicada ó escritor John Berger. A directora Isabel Coixet fai realidade o seu proxeto de devolver ás prisións as cartas de amor que se escribiron entre os seus barrotes. Consensuar un novo modelo de dirección de persoas tendente a logra-la felicidade no traballo é o obxectivo dun congreso internacional que arrancou hoxe na Coruña. Mista,de común acordo, rescindiu contra co Deportivo(10/06/10)