Axudas para repa-los danos do temporal
A Xunta habilitará mañá unha partida de 5 millóns de euros para arranxa-los desperfectos do temporal da última semana.Núñez Feijóo reuniuse en Burela con catorce alcaldes da Mariña de Lugo.Tamén visitou a zona o líder do BNG:Guillerme Vázquez reclamou axudas á Xunta e á Administración Central.O Garda Civil que matou á súa ex-parella en Cambados non estaba ebrio.Os peritos forenses afirmaron no xuízo que era consciente dos seus actos.Algo máis de nove mil alumnos galegos realizan dende hoxe as probas de Selectividade. Falamos sobre a convocatoria de folga xeral co secretario xeral de CCOO en Galicia,Xosé Manuel Sánchez Aguión. A iniciativa "Emprendemos xuntos" reúne en Santiago a dúas mil persoas interesadas en cómo poñer en marcha un negocio.Mañá arranca na Coruña o festival de música electrónica SÓNAR-Galicia, que prevé atraer a unhas 14.000 persoas.O francés Yves Desmarets ficha polo Deportivo(16/06/10)