Bloqueado o patrimonio do clan dos Charlíns
A policía puido frustra-la saída de prisión do patriarca do clan dos Charlíns.Manuel Charlín está imputado na operación na que foron bloqueados 3 millóns de euros procedentes do narcotráfico e embargados 58 inmobles.O Constitucional mantén suspendidas as potestades de Galicia para autorizar fusións.UXT denunciará no xulgado a mesa laboral e ós órganos de goberno das caixas.O presidente da patronal galega,Antonio Fontenla reclama para as empresas un marco máis favorable,que conleve mellora fiscal.Feijóo asegura que a Xunta está cumprindo a Lei do Aborto,malia estar en desacordo.PSOE e BNG pídenlle que poña os medios para o seu efectivo cumprimento.O Tribunal Supremo ordena reabri-la investigación pola morte do cámara ferrolán José Couso.Un cento de mariscadores da Coruña protestan contra a reapertura da actividade na ría.Aseguran que son continuos os vertidos contaminantes.O Deportivo negocia a cesión de Bodipo a un equipo rumano que adestra J.R.López Calo(06/07/10)