O BNG advirte a Zapatero de que non apoiará un "xiro antisocial"
O deputado do BNG no Congreso Francisco Jorquera avisou de que non acompañará ó Goberno nun "xiro antisocial" da súa política. Zapatero mantén a porta aberta ás reclamacións do BNG, con independencia do seu apoio.Ó debate sobre o estado da nación referiuse tamén en RNE o Presidente da Xunta.Feijóo laiouse do incertidume ó que se enfrontan as autonomías á hora de elabora-los presupostos para o 2011.Os socialistas vaticinan que a Consellería de Educación pechará 300 aulas e numerosos comedores o vindeiro curso.A marea bermella avanza polas rías galegas.Xa son máis de vinte os polígonos mexilloeiros pechados dende Baiona ata Muros.Os mariscadores da Ría do Burgo insisten na súa oposición a que se reabra ó marisqueo unha das zonas da ría.Na entrevista falamos de ecoloxía con Joaquín Araújo.O naturalista,colaborador habitual de Radio Nacional, presentou hoxe en Santiago unha exposición sobre a saúde do planeta(15/07/10)