A chuvia da hoxe unha tregua ós montes galegos
As chuvias,aínda que febles, dan unha tregua ós montes galegos.Medio Rural da por extinguido o incendio nas proximidades do parque nacional do Xurés. A disposición xudicial dous pirómanos polos lumes de Boiro e Brión, que xa están baixo control.BNG e PSOE piden á Xunta que rectifique a política sobre incendios e inciden na prevención.Segue aberta a investigación sobre o atraco de A Cañiza,que se saldou cun garda civil morto e outro ferido.Un dos detidos quedou a disposición xudicial e o otro faráo nas próximas horas.A Xunta da marcha atrás e veta a central de biomasa de ENCE.Os socialistas califícano de "paiasada".Dez persoas rescatadas ó envorcar un autobús cerca de A Coruña.Apareceu o cadáver dun home flotando na zona portuaria de Vigo.A consellería do Mar nega que exista unha plaga de algas na ría de Pontevedra(18/08/10)