Os nacionalistas galegos demanda unha resposta inmediata contra a reforma laboral. Non haberá prórroga das axudas para a compra dun vehículo. O Garda civil xulgado en Pontevedra por matar a súa ex-parella recoñece a acción. (15/06/10)
O sindicato CIG pide unha resposta inmediata contra a reforma laboral. O BNG anuncia o seu voto en contra no Congreso. O ministro, Miguel Sebastián, adianta en Vigo que non haberá prórroga das axudas para a compra dun coche. Unha sentenza do tribunal Supremo deixa no aire o chamado "porto seco" de Vigo.
Xuizo en Pontevedra contra un garda civil acusado de matar a súa ex-parella: o procesado recoñeceu a acción. Investigadores galegos colaboran coa compañía continental na elaboración dun xogo para Nintendo que interactúa coas emocións. Educación pecha un colexio en Cervates e obrigará ós nenos a pasar dúas horas ó día en autobús. (15/06/2010)