Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 14/01/13
14/01/2013
49:40
Comeza na Audiencia Provincial da Coruña o xuízo pola morte de Diego Novo, o neno de catro anos que faleceu no 2009 na piscina do seu colexio, o Liceo La Paz, durante unha clase de natación. Declara en Santiago o ex deán da catedral polo caso contra o home acusado de extorsionalo. Indignación entre os pais de Valdeorras polo que consideran "retraso inxustificado" á hora de apartar da docencia a un profesor acusado de supostos abusos sexuais. Nova protesta dos delegados sindicais de Novagalicia Banco na Coruña. O conselleiro de Educación anuncia a convocatoria de máis de 200 prazas de profesor en Infantil e Primaria para este ano.