Concentracións por toda Galicia en repulsa polo asasinato dunha muller en Lugo
O alcalde de Lugo encabeza unha concentración de repulsa pola morte dunha muller,supostamente a mans do seu marido.As conselleiras de Traballo,Facenda e Mar participan noutra manifestación, diante da Xunta,en contra da violencia machista.O PP cré que Galicia sae mal parada coa reprogramación de obras de Fomento.Os socialistas defenden que Galicia é a cuarta comunidade máis beneficiada,mentres que o BNG tén dúbidas sobre o recurso ó financiamento privado.A consellería do Mar aumenta as incautacións contra o furtivismo nun 80%.Citroën reanuda esta tarde a súa producción tras resolver unha incidencia que obrigou a parar un día a actividade.En Vigo,búscase un todoterreo que puido estar implicado na morte dun motorista.A Xunta creará unha nova marca turística para aproveita-lo tirón do Xacobeo(27/08/10)