PEMEX e Barreras confirman o acordo e que hai unha carta de intencións pra que a petroleira mexicana entre no accionariado da factoría viguesa. PEMEX di que o seu obxetivo é transferir a medio prazo o coñecemento tecnolóxico de Barreras para construir buques especializados en México. O presidente da Xunta di que o acordo suporá beneficios tanto para o naval de Vigo como o de Ferrol, e mostrou o seu convencemento en que a petroleira manteña o seu compromiso en seguir adiante co proxecto de construir un flotel en Navantia.
Operacion Pokemon: a xuiza Pilar de Lara ordena rexistros no concello de Lugo, na policia local, no parque movil e no local do grupo socialista.
A policia local de Nigran impide a un grupo de afectados polas preferentes entrar no concello para asistir ao pleno. Os preferentistas denuncian que dous veciños resultaron contusionados.