O conselleiro Agustín Hernández declara como imputado por presunta falsidade documental
O titular de Medio Ambiente da Xunta expresou a súa "colaboración" coa Xustiza tras declarar como imputado por presunta falsidade documental. Segundo a denuncia,Agustín Hernández certificou como rematada unha obra inacabada.O paro baixou en Galicia un 3'8%,o dobre ca no conxunto do estado.O fiscal Xeral do Estado,Cándido Conde-Pumpido,recomenda "consenso" á hora de aborda-la reforma do Estatuto galego.O socialista Manuel Vázquez proporá un Estatuto baseado no texto pactado no 2006. Feijóo e Juan José Vivas reivindican a "españolidade" de Ceuta e de Galicia,unidas "polo mar e polo Apóstolo Santiago".En liberdade os tres últimos mariñeiros encarcerados na operación contra o uso de dinamita na pesca.Galicia lidera o ranking de bandeiras azuis pero o noso litoral tamén recibiu 6 das 40 bandeiras negras que outorga "Ecoloxistas en Acción". Jorge Sáez, voceiro da organización, explica en RNE os motivos de degradación do litoral(02/07/10)