O conselleiro de Medio Ambiente comparecerá o venres ante a Xustiza
O titular de Medio Ambiente da Xunta,Agustín Hernández,di que "non lle adica un minuto"á imputación do TSXG.O conselleiro nega que "lle preocupe" a querela interposta polo PSOE ,que o acusa de falsidade documental.O presidente de Caixanova,Julio Fernández Gayoso,destaca o equilibrio na dirección da futura caixa galega.A negociación laboral alongarase ata setembro. Feijóo anuncia a presentación dunha "reforma constitucional" do Estatuto galego nesta lexislatura.Os socialistas non crén que o TC cuestione nada que afecte a esa reforma.O BNG propón un texto articulado de novo Estatuto que incluirá o terrmo "nación".O arresto dun armador en Redondela eleva a 13 os detidos na operación contra a pesca con explosivos.A ministra Elena Espinosa laiouse dos desaxustes no mercado do leite.Dixo que as ganancias nunca caen do lado dos productores. A poucas horas do encontro España-Portugal, pulsamos o ambiente que se vive ós dous lados da fronteira. Un redactor de RNE en Galicia percorreu as vilas de Tui e Valenca do Miño (29/06/10)