Galicia Informativos   Crónica de Galicia-06/06/2013 06/06/2013 48:49

-O novo municipio resultante da fusión chamaráse Oza-Cesuras, tralo visto bó da Xunta, xa o definitivo. O Partido Socialista recurrirá o decreto de fusión ó entender que se incumpre a lei galega de administración local.

-Remata sen acordo a primeira reunión entre os grupos do Parlamento para abordar a reforma electoral que promove o PP e que pretende rebaixar de 75 a 61 o número de escanos. AGE e Ps de G néganse á reducción. O BNG non asistiu á reunión.

-O alcalde de Ourense di que non dimitirá ainda que prospere a moción de reprobación do PP que mañá será debatida en pleno e que esta vez apoiará o BNG.

-Un petroleiro queda sen máquina fronte á costa da Morte. Un remolcador de Salvamento dalle apoio e arestora lévao cara Bilbao.

-Ingresa en prisión o veciño de Valga detido pola morte dun nonaxenario neste concello pontevedrés.

Galicia Informativos
Más opciones