A construcciónd dos remolcadores para PEMEX comezará tralo verán
O Presidente da Xunta anuncia en RNE que no outono os estaleiros galegos xa poderían estar construindo barcos para PEMEX.Pachi Vázquez quere estuda-la letra pequena do acordo asinado coa petroleira mexicana.O BNG califícao o de boa noticia, pero di que non resolve os problemas do naval galego.Empresarios e sindicatos da ría de Vigo amósanse esperanzados,mentres que os traballadores de Navantia acollen a noticia con escepticismo. Acerca da posibilidade dunha banca pública que inclúa a Novagalicia Banco, Feijóo dixo en RNE que calquera cousa antes que a poxa.O Concello de Vigo e Radio Nacional de España en Galicia celebrarán o próximo xoves un acto poético-musical en homenaxe a Valentín Paz Andrade