Controlado o incendio de Lobios,en Ourense
Medio Rural da por controlado o incendio que calcinou unhas cen hectáreas en Lobios,Ourense. O alcalde asegura que o lume afectou ó parque natural do Xurés, algo que nega a Xunta.Varón maior de trinta anos, sen antecendentes policiais, perfil do incendiario galego, segundo un estudo da Fiscalía Superior de Galicia.As tres vítimas da fin de semana elevan a sete os mortos nas estradas no que vai de agosto.A Garda Civil investiga a morte dunha muller en Bergondo,na Coruña.Supostamente disparoulle o seu irmán antes de suicidarse.Unións Agrarias acusa á Xunta de esquecerse do rural na nova concesión eólica.A Xunta subvencionará con 4 millóns de euros os cocedoiros de mexillón que reduzan a carga contaminante dos seus verquidos.No tempo da entrevista falamos dun achádego clave para combati-la meninxite B. Un estudo, no que participou o doutor Federico Martinón, demostra que hai xenes que aumentan o risco de desenvolve-la enfermidade(09/08/10)