Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 11/08/10 11/08/2010 52:29

Controlado o incendio na periferia de Ourense

Segue activo,aínda que baixo control,o incendio que afecta dende o martes ós arredores da capital ourensá.O de Cualedro quedou extinguido e hai outro lume activo en Sober,na provincia de Lugo.O PP acusa á oposición de xerar un "efecto chamada" por critica-la polítiva informativa da Xunta sobre incendios.O conselleiro de Insfraestruturas confía en que a reprogramación de obras de Fomento non afecte a Galicia.O deputado socialista Abel Losada cré que as primarias son unha opción lexítima pero defende a xestión de Abel Callero en Vigo.O Colexio de Fisioterapeutas de Galicia presentou unha guía de consellos práctivos para persoas que teñan previsto face-lo Camiño de Santiago.Entrevistamos ó promotor da "galeguesa", unha hamburguesa que se fai con carne excepcional que producen vacas "salers" traídas dende Francia.No Salón do Cómic, na Coruña,presentouse a nova tempada da revista "Galimatías" e unha exposición sobre o "cómic na prensa"(11/08/10)

Galicia Informativos
Más opciones