A costa galega sae malparada no último informe de Greempeace
A organización ecoloxista Greempeace denuncia casos de "urbanismo salvaxe" no litoral galego. Insiste en que a construcción dun porto deportivo en Massó ameaza a riqueza pesqueira e marisqueira da ría de Vigo.Os Príncipes de Asturias presidiron a entrega de despachos na Escola Naval de Marín.O programa de RNE "España Directo" realizouse a bordo do buque-escola Juan Sebastián Elcano, que a última hora da tarde atracará no porto de Vigo, xunto a outros tres buques da Armada.A executiva do Eixo Atlántico trasladará ó goberno portugués a súa oposición ás peaxes nas autovías lusas.O presidente de turno do Eixo e alcalde de Vigo,Abel Caballero, di que as peaxes "rachan o equilibrio da eurorrexión".Restablecido o servizo ferroviario entre Ribadeo e Vegadeo,tras dous días cortado por un descarrilamento.A Xunta confía en que a UE bote para atrás o decreto que prima o consumo de carbón nacional nas térmicas.Lugo acolle esta fin de semana un cumio internacional sobre a reconstrucción de Haití.Entrevistamos ó chef galego Marcelo Tejedor que, xunto a outros cociñeiros españois,recompilou as receitas incluídas no libro "As cociñas do Camiño de Santiago.Persoalidades da cultura galega analizan a figura e a obra de Rosalía de Castro, cando se cumpren 125 anos do seu pasamento.As Festas do Apóstolo arrancarán esta noite cun concerto de Melendi na praza do Obradoiro(16/07/10)