Críticas á política anti-indendios da Xunta
Os socialistas galegos alertan do risco de incendios forestais e denuncian o nulo labor preventivo da Xunta.O Goberno galego quere aforrar un 40% na factura enerxética.Feijóo fixo o anuncio na inauguración dunha vivenda bioclimática no parque experimental de Sotavento,en Xermade.A Deputación de Lugo destina 1'2 millóns de euros a arranxa-los estragos do último temporal na costa lucense.Detido un mozo do Bolo,en Ourense, como presunto autor dun homicidio imprudente.Está acusado de tirar a un veciño por un desnivel ocasionándolle a morte.En Galicia diagnostícanse cada ano máis de 30 novos casos de Esclerose Lateral Amiotrófica.Neste Día mundial da enfermidade,falamos coa voceira dos afectados,Noa Orizales.Máis de 200 emigrantes galegos residentes en Latinoamérica regresaron hoxe a Galicia dentro do programa "Reencontros na casa",organizado pola Xunta. Posible acordo do Depor co Benfica para a cesión do xogador uruguaio Urreta(21/06/10)