Críticas á política informativa da Xunta sobre os incendios.
O PSOE critica a "desinformación" da Xunta sobre os incendios.Os ecoloxistas de ADEGA elevan a 200 as hectáreas queimadas no concello ourensán de Lobios.O alcalde di que as lapas afectaron ó parque natural do Xurés,algo que segue negando a Xunta.En Carballeda de Valdeorras,outro incendio arrasou 150 hectáreas.O PP ábrelle expediente ó seu presidente en Pontevedra,Rafael Louzán,para coñecer por qué non se celebra un congreso local en Sanxenxo.O BNG acusa á Xunta de buscar "pretextos" coma o do financiamento para privatizar servizos públicos.Pasan a disposición xudicial os catro detidos pola súa presunta relación cunha banda adicada á extorsión e ó tráfico de drogas en Ribadavia.O "multamóbil" percorre xa as rúas de Lugo en fase de probas e comezará a multar en setembro. A Coordinadora de Estudo dos Mamíferos Mariños di que nos últimos tempos se avistan menos cetáceos dende o litoral galego. O presidente de CEMMA,Alfredo López,contános tódolos detalles(10/08/10)