A débeda de Galicia medra un 19'5% ata marzo
A débeda galega aumentou un 19'5% ata situarse nos 7381 millóns, un 12'8% do Producto Interior Bruto.A conselleira de Facenda defende que Galicia é unha comunidade solvente,gracias ás medidas de contención do gasto adoptadas nos últimos meses.A Coruña,Ferrol e Santiago acollen concentracións,convocadas pola CIG, contra o rescate bancario.Francisco Rodríguez abandona o liderado da UPG para permitir unha renovación interna.Isabel Villalba, nova secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego,trala demisión por sorpresa de Carme Freire.As corporacións de Oza dos Ríos e Cesuras poñen en marcha o proceso de fusión.O Museo de Galicia estréase coa exposición "Gallaecia Petrea",un percorrido pola historia de Galicia coa pedra como fío conductor.