Declarados "tránsfugas" os promotores das mocións de Silleda e Gondomar
As candidaturas do PP para as municipais poden verse afectadas polo último dictame da mesa antitransfuguismo.A comisión declarou "tránsfugas" ós promotores das mocións contra alcaldes do PSOE e do BNG en Silleda e Gondomar.O BNG rexeita a reforma da lei de caixas ó considerar que pón en perigo a galeguidade da entidade resultante da fusión.O PSOE considera unha improvisación a orde que regula os centros plurilingües.O deputado Guillermo Meijón cré que vai depender da voluntariedade dos profesores. Falamos co presidente da Federación de Pais e Nais de Centros Públicos,Virgilio Gantes,sobre as dificultades para a aplicación desa norma.A CIG advirte da perda de emprego que vai supoñe-lo Real decreto que prima o carbón nacional.Varios concellos de Lugo recupéranse dos efectos das fortes treboadas deste xoves.A auga asulagou unha parte do mosteiro de Samos e o albergue de peregrinos.Imos ata a vila coruñesa de Ortigueira,que vive inmersa na celebración do festival do mundo celta, coa visita de milleiros de persoas(09/07/10)