Discrepancias entre os partidos sobre a aplicación da lei galega de caixas
Os partidos galegos non se poñen dacordo sobre a aplicación da lei de caixas.O PP cré que o auto do TC clarifica "aínda máis" o proceso de fusión de CaixaGalicia e Caixanova.O BNG esixe a aplicación da lei mentres que os socialistas reclaman modificacións ó considerar que pón en risco a fusión.O presidente da Deputación de Pontevedra,Rafael Louzán,cualificou de "política" a querela do PSOE contra o conselleiro de Medio Ambiente. A neta do patriarca dos "Charlíns" iniciou as declaracións ante a xuíza en relación co branqueo de diñeiro procedente do narcotráfico.A CIG recorre a orde que regula a creación dos centros "plurilingües".O presidente da Real Academia Galega,Méndez Ferrín,prefire que os políticos "falen mal galego" a que "non o falen". Ímos coñece-los últimos avances na ciruxía do cancro de pulmón.O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña é o primeiro de Europa onde cunha incisión de apenas 4 ctm pode retirarse o lóbulo afectado. José Mª Porro,xefe do servizo de ciruxía torácica,é o protagonista da nosa entrevista de hoxe(07/07/10)