Galicia Informativos   Crónica de Galicia-16/04/2013 16/04/2013 49:35

O vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda considera que a xuntanza entre Núñez Feijoo e o presidente mexicano Enrique Peña Nieto supón ratificar os contratos para construir en Galicia os floteis de Pemex, adermais de novos contratos. Os sindicatos do Naval, sen embargo, entenden estes anuncios como unha cortina de fume. Preocupación tamén nos sindicatos de Pescanova pola situación da compañía, tras coñecerse que o presidente Fernández de Sousa vendeu a metade das súas accions tres meses antes do preconcurso de acreedores. Unha nena de doce anos de Baiona, en estado crítico, por unha meninxite bacteriana. Xunta e goberno central colaborarán para que o exame teórico do carné de conducir se poida facer en galego.

Galicia Informativos
Más opciones