A dirección de Pescanova reuniráse coa representación dos traballadores despois de que a empresa decidise acollerse voluntariamente a un concurso de acreedores. A vontade de Pescanova é presentar unha proposta ós acreedores para garantir que cobren as débedas e tamén o futuro da multinacional galega, e os seus 10.500 empregos.
O grupo socialista pide a copia de todolos contratos do SERGAS nos anos en que o presidente da Xunta Núñez Feijoo era o secretario xeral de Sanidade, na etapa na que tamén mantiña unha amizade co narco Marcial Dorado. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, xa respostou que se daría toda a documentación.
Novo detido na Operación Pokemon: o ex director de Aquagest Galicia, Henry Laíño, que negociou o contrato co concello de Santiago cando era alcalde Gerardo Conde Roa. Mais de 250 toneladas de lixo amoréanse en Vilalba, na folga do servizo de limpeza.