Dirección e sindicatos analizan a situación de Novagalicia Banco
Os sindicatos de NCG aseguran que "todo sigue igual" trala xuntanza co presidente da entidade,José María Castellano.As centrais evitan pronunciarse sobre o plan de recapitalización remitido ó Banco de España.Os socialistas crén que Feijóo debe comparecer no Parlamento para aclarala situación do sistema financeiro e da débeda pública.O popular Pedro Puy lembra que o endebedamento de Galicia é inferior á media estatal.O voceiro do PSdeG admite que un eventual adianto electoral dificultaría o proceso de primarias.A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público califica cun "suspenso total" ó conselleiro de Educación. A Deputación de Lugo recorrerá o decreto da Xunta que regula a axuda no fogar para os concellos de menos de 20.000 habitantes. O C.D. Lugo, máis cerca da 2ª división trala victoria por 3-1 fronte ó Cádiz