Amplíase a operación contra a pesca con dinamita
Pasaron a disposición xudicial outros catro detidos por posesión e uso de pólvora para a pesca de sardiña.Un armador de Cesantes xa está en prisión.O último en declarar será o patrón maior da Confraría de Vigo.O PSdeGa-PSOE ve firmas vencelladas ó PP entre as beneficias polo "sobrecusto" da autovía da Costa da Morte.O alcalde de Vigo,Abel Caballero,cré que a lei galega de caixas ameaza a fusion galega.A alcaldesa de Sanxenxo non conta co apoio de todo o PP para presentarse á reelección.Ábrese a circulación o novo acceso ó porto de Vilagarcía.O BNG pide explicacións a Defensa por "abusos autoritarios" nunha piscina de Ferrol.O cancro de pulmón podería converterse,en pouco tempo, na primeira causa de morte entre as mulleres.O aumento destas doenzas centra os debates do Congreso da Sociedade Española de Neumoloxía e Cirurxía Torácica,que se está a celebrar na Coruña.No tempo da entrevista falamos co presidente do Congreso,Héctor Verea(25/06/10)