A economía galega sae da recesión
O PIB galego medrou no primeiro trimestre dúas décimas. Retorna ó crecemento despois de cinco meses de caídas.O director do IGE cré que ainda é cedo para falar do remate da recesión.Os sindicatos de funcionarios presentan as concentracións de mañá e piden ó Goberno que recornsidere as medidas.O PP presentará mocións nos concellos contra a conxelación das pensións.O PSOE galego cré que Fomento manterá os seus compromisos con Galicia.O Concello de Santiago considera actos "semiterroristas" as queimas de colectores do lixo.O sector hosteleiro queixase pola imaxe que se da cidade, no inicio do Congreso do sector.Na reportaxe, falamos de cancro de pel. A presidenta da Sociedade Galega de Dermatoloxía adevirte de que en Galicia existe o mesmo risco ca noutras autonomías, pese ó tempo menos soleado.Luis Tosar estreará o "paseo da fama" no festival de curtas de Cans, que arranca hoxe no Porriño(19/0510)