Galicia Informativos
Crónica de Galicia-29/03/2013
29/03/2013
49:36
O ex alcalde compostelán volve declarar ante a xuiza de Lugo Pilar de Lara, na segunda fase da operación Pokemon. Neste caso, a petición propia. Está imputado por prevaricación, tráfico de influencias e suborno.
Afectados polas participacions preferentes pasan a Semana Santa encerrados nos concellos de Gondomar, Tui, O Rosal, Moaña e Boiro. Tamén hoxe concentración ante o concello de Sanxenxo. En Vilalba, 200 toneladas de lixo amoréanse nas rúas ó cumprirse 12 días da folga no servizo de limpeza. Día grande das procesions de Ferrol e Viveiro, este Venres Santo. A chuvia deu unha tregua e puideron sair as mais famosas: as do Encontro.