Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 20/08/12
20/08/2012
51:05
Falece o histórico galeguista Avelino Pousa Antelo
O mundo da cultura chora a morte de Avelino Pousa Antelo, derradeiro superviviente do galeguismo histórico.O intelectual faleceu ós 98 anos na súa casa de Teo,concello do que era fillo adoptivo.O local sociocultural teense acollerá mañá a capela ardente.Afectados polas preferentes maniféstanse en Vigo para esixila devolución íntegra dos seus aforros.A flota de cerco demanda una explicación do goberno á prohibición de pescar xurelo entre Fisterra e o País Vaco.As Pontes estrea a praia do lago artificial creado na antiga mina de lignito de Endesa. Centos de coruñeses arrouparán esta tarde ó Dépor no seu retorno á Primeira División