Feijóo chama á unidade para loitar xuntos contra a crise
Feijóo propón un pacto á oposición para que Galicia non teña que devolver 2.600 millóns ó Estado ata que mellore a economía.O Presidente da Xunta anunciou no Parlamento a paralización do Palacio da Ópera da Cidade da Cultura.Delegados sindicais protestan na Coruña contra a reforma da lei estatal de caixas.Consideran que é unha privatización encuberta das entidades de aforro.En Vigo,un artefacto caseiro causa destrozos importantes na sede da patronal de fontaneria. Indemnización de 15.000 euros para un mozo de Cuntis que quedou en cadeira de rodas por un erro diagnóstico.A multinacional sueca Ikea abriu na Coruña o seu primeiro centro en Galicia,en medio dunha grande expectación.A Universidade de Santiago promove unha tenda de productos agrarios a través de Internet.Falamos co coordinador de "granxafamiliar.com" e coa titular dunha das explotacións que comercializarán productos "on line". Trinta nenos discapacitados participan en Mondoñedo no Curso Internacional de Música e Músicoterapia,organizado pola Asociación Internacional de Músicos e Persoas con Necesidades Especiais(AIMPNE).O Deportivo enfrontarase ó Zaragoza na primeira xornada de Liga(20/07/10)