Feijoo avaliará a crise económica no Parlamento Galego
O Parlamento Galego celebrará un pleno extraordinario a próxima semana.Núñez Feijóo pediu comparecer na cámara para avalia-la acise económica.Socialistas e nacionalistas piden explicacións polo eventual sobrecusto da autovía da Costa da Morte. O PP galego cualificou de valeiro a intervención de Zapatero,que o PSOE califica de rigorosa e equilibrada e o BNG de discurso-trampa.A piques de remata-lo prazo para presentar proxetos ó concurso eólico,aínda no hai propostas.Esperanza Aguirre gañou hoxe o Xubileo. Percorreu o tramo entre Arzúa e O Pino,acompañada do Presidente da Xunta.A demora media para operarse subiu catro días en xuño pero a lista de espera dos enfermos máis graves xa baixa dos trinta días.Detido un menor coruñés, integrante dun grupo de hackers que se adicaba a atacar páxinas web de entidades públicas e privadas.Reabriu as súas portas o Panteón de Galegos Ilustres,que poderá visitarse seis días á semana.O xestor da reserva da biosfera "Terras de Allariz",Bernardo Varela,cóntanos os obxectivos do programa contra o despoboamento que acaban de poñer en marcha catro concellos.Na reportaxe analizamos o impacto da crise nos medios de comunicación,tema dun curso organizado pola UNED en colaboración con Reporteiros Sen Fronteiras.Norah Jones abre hoxe en Castrelos a programación musical de verán en Vigo(14/07/10)