O debate sobre a reforma do Estatuto galego reabrirase despois do verán
Feijóo convocará a PSOE e BNG en outubro,tras entrega-los Presupostos,para aborda-la reforma do Estatuto.O presidente da Xunta insistiu en que o terrmo nación non ten cabida no texto galego.A disolución,mañá, do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar supón o "enterro" das políticas sociais,segundo os socialistas.O informe Hispalink pronostica un comportamento da economía galega mellor cá media española.Con todo, a recuperación non comezará ata o 2011.Folga no sector téxtil en Pontevedra no 1º días das rebaixas.No centro de Vigo houbo piquetes que obrigaron pechar locais.En Galicia subiu o prezo da vivenda nova,fronte á caída no conxunto de España.Un terzo da poboación galega padece ou padecerá algún tipo de cancro.O presidente da Sociedade Oncolóxica de Galicia,Manuel Caeiro,salientou en RNE os avances dos últimos 25 anos,que sitúan a taxa de supervivencia en Galicia 4'5 puntos por riba da media europea.O cineasta e adegueiro José Luis Cuerda presentou hoxe no mosteiro de San Clodio,en Leiro,un documental sobre a vida,a cultura e o viño do Ribeiro.Cuerda dirixiu o traballo promocional da asociación de adegueiros á que pertence,"Ribeiros do Avia"(01/07/10)