Feijóo dubida da legalidade do decreto-lei convalidado polo Congreso
O Presidente da Xunta argumenta que a corrección dun decreto-lei ten que pasar polo Consello de Ministros.O PSOE galego apoia de xeito unánime as medidas convalidas hoxe polo Congreso.Os integrantes do seu Consello Territorial comprométense a aplica-lo plan de axuste e destacan o apoio de Zapatero ós concellos. Os concellos de Lugo polos que pasa o Camiño de Santiago reclaman médicos de garda para atende-los peregrinos. Mil novos investigadores pretende atrae-lo Campus do Mar de Vigo, que o próximo luns competirá pola "excelencia" cos de Las Palmas e Cádiz. A Casa das Ciencias de A Coruña celebra o seu 25 aniversario cun ciclo de actividades que arrancan esta fin de semana cun concerto baixo as estrelas. O director dos Museos Científicos Coruñeses, Xosé Antón Fraga, cóntanos tódolos detalles.(27/05/10)