Feijóo insiste en que esgotará a lexislatura
O Presidente da Xunta asegura que mantén o calendario previsto para os comicios galegos,e que os resultados de Andalucía e Asturias non suporán ningún cambio. O PSOE galego advirte de que Feijóo debe tomar nota porque o periodo de graza da dereita empeza a esgotarse.Para o BNG,os datos supoñen unha freada en seco para a onda ascendente do PP. Os populares crén que se consolida a súa tendencia de crecemento.O ex-conselleiro Fernando Blanco asegura que desmontou a versión de Dorribo na súa comparecencia ante a xuiza do "caso Campeón". O descontento social pola crise dispara ata cerca de 3.000 o número de queixas ante o Valedor do Pobo. A Fundación Amancio Ortega financiará a construcción de nove escolas infantís.Una exposición multimedia levará por bibliotecas e centros de ensino a obra de Celso Emilio Ferreiro.