Feijóo,satisfeito coa marcha da campaña contra incendios
O Presidente da Xunta nega as críticas de descoordinación durante os incendios.Feijóo considera "óptima" a marcha da campaña.O BNG critica o optimismo de Feijóo cando hai que lamentar dúas vítimas mortais. Controlado o lume de Laza,Ourense,que queimou case 200 hectáreas.O PSdGa-PSOE pide á Xunta un plan integral de política industrial para Galicia.A familia da moza desaparecida en Pontevedra insiste en que non puido marchar de forma voluntaria.As distraccións de condutores,e non a choiva,causa dos últimos sinistros nas estradas galegas.Intentan asaltar unha sucursal de Caixanova en Ferrol. Na reportaxe abordamos os problemas para a implantación da receita electrónica en núcleos rurais,cunha deficiente conexión a Internet.Os ecoloxistas de ADEGA anuncian mobilizacións contra o Plan Hidrolóxico de Galicia,que prevé 33 novas minicentrais nos encoros galegos.Entrevistamos a Fins Eirexas,portavoz da organización.O Depor presenta as súas últimas fichaxes:Claudio Morel e Olav Rindaroy(24/08/10)