Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 09/05/13
09/05/2013
49:11
Xornada de folga no ensino, dende Infantil ata a Universidade, contra a Lei Wert. Convocan sindicatos, estudantes e pais. Seguemento de entre o 80 e o 90 por cento, segundo os organizadores. A Xunta rebaixa a cifra ata o 17,9 por cento nos centros públicos e un 2 nos concertados.
Milleiros de persoas manifestáronse nas principais cidades, convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. As mobilizacións repetiránse pola tarde, convocadas xa pola plataforma estatal.
O pleno do Congreso dá hoxe luz verde á reforma da Lei de Costas.
En Ourense, non prosperou a reprobación do grupo popular ó alcalde, ó socialista Agustín Fernández, polos gastos dos fondos do grupo municipal.