-A folga xeral contra a crise e o desemprego na comarca de Ferrol está a ter un seguemento total, segundo os sindicatos. Industrias, comercios, transporte, e hostalaría entre outros sectores pararon, á vez que unha manifestación con 20 mil persoas percorreu as rúas da cidade. As centrais alertan de que o paro na comarca supera en doce puntos á media en Galicia, e xa alcanza o 32 por cento.
-A Xunta non autoriza unha mina de feldespato en Xinzo de Limia. O presidente da Xunta di que a mina de ouro de Corcoesto só se aprobará se o proxecto cumpre todalas esixencias legais.
-O concello de Pontevedra cancela 4 das 14 contas que ten en Nova Galicia Banco por importe dun millón de euros.
Comenzan as probas de selectividade pra acceder á universidade. Este ano participan 10.400 estudantes.