Galicia non é unha nación aínda que o Estatuto é mellorable, segndo Manuel Fraga. Descargados en Vigo 1.200 quilos de cocaína. A fiscalía vai levar ó xuizo do Prestige os danos económicos e medioambientais causados pola catástrofe. (26/07/10)
Manuel Fraga opina que Galicia non é unha nación. O senador do PP é partidario de desenvolver o estado das autonomías sen poñer en risco a unidade de España. Os 1.200 quilos de cocaína descargados en Vigo non tiñan como destino Galicia. A fiscalía vai levar ó xuizo do Prestige os danos económicos e medioambientais daquela catástrofe. Sindicatos e cooperativas agrarias dan 48 horas ás empresas que peor pagan o leite antes de iniciar mobilizacións contra elas. Falamos con Juan Araújo, productor da dempresaSmall Wonders, de Lugo, que creou un xogo para o iphone do que xa se fixeron 450 mil descargas. E despedimos ós rapaces da Ruta Quetzal. (26/07/10)