Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 08/05/12
08/05/2012
48:59
Galicia reclama un trato igualitario para NCG Banco
Socialistas e BNG coinciden con Feijóo en reclamar igualdad de trato para Novagalicia Banco. O presidente da patronal galega,Antonio Fontenla, dixo en RNE que o caso de Bankia ven demostrar que NCG está a ser discriminada polo goberno.A central nacionalista CIG propón que os exdirectivos da caixa galega cobren 1 euro polos seus plans de pensións.A Xunta prevé eliminar 70 entes públicos na segunda fase do "plan de racionalización" da administración paralela.O conselleiro Agustín Fernández mantén 2018 como ano de peche para Celulosas de Pontevedra.ADEGA solicita a declaración como "ben de interese cultural" para a Cova de Eirós,ameazada pola explotación dunha canteira