O número de parados na comunidade galega ascende a 287.400. Nos primeiros tres meses do ano, o paro subiu en Galicia un 3'6 por cento. O xulgado do Mercantil de Pontevedra declara en concurso de acreedores á Pescanova e tamén aparta a Manuel Fernández de Sousa e ó consello de administración da dirección da compañía.
Reaccions ó incidente no Parlamento galego, tras pedir o PP a demisión do deputado de AGE Xosé Manuel Beiras por golpear ó escano do presidente da Xunta. Núñez Feijoo di que non vai consentir a crispación na cámara. A oposición acusa ó presidente de escudarse neste incidente para non responder ás preguntas sobre o narco Marcial Dorado.
O secretario xeral do Ps de G, Pachi Vázquez, amósase satisfeito ó que considera un refrendo á súa proposta de primarias por parte da dirección federal. O secretario de organización, Óscar López, di que se poderán facer primarias pero matiza que primeiro haberá que modificar os estatutos no congreso federal. Pachi Vázquez di que a consulta galega terá carácter excepcional e que non hai que agardar a un congreso federal.