Asinado o convenio para a construcción da depuradora de Vigo. En xullo morreron 14 persoas nas estradas galegas, dúas menos que no mesmo periodo de 2009. (02/08/10)
Miisterio de Medio Ambiente, Xunta e Concello de Vigo asinan o convenio para a construcción da depuradora. Custará 230 millóns de euros. a operación saída de agosto de tráfico pechouse sen ningún accidente mortal en Galicia. Desacordo entre os socios do executivo municipal en Vigo pola construcción do albergue. O PSdeG pide á Xunta que apoie as oficinas municipais que xestionan as axudas para vivendas. As empresas audiovisuais aseguran que están en perigo 1.200 postos de traballo polo retraso no pago das axudas públicas.
No tempo de entrevista falamos do proxecto que investiga a eficacia do carballo galego para madura-lo viño. E a reportaxe dedicámola a Alexia, a muller que antes foi home, á que se lle impide ver ó fillo.