Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 23/06/10 23/06/2010 50:24

Golpe contra a pesca de sardiña con dinamita

Doce detidos en Vigo e Portonovo por pescar sardiña con explosivos. A operación desenvolveuse no día de máis actividade dos barcos,a poucas horas das sardiñadas de San Xoan.O socialista Pachi Vázquez denuncia que a Xunta pagou 352 millóns de máis pola autovía da Costa da Morte.Feijóo apunta posibles responsabilidades do bipartito por contabilidade de ingresos ficticios.O Parlamento galego aprobou unha moción para regula-las viaxes institucionais antes de que acabe o ano.Rescatados sans e salvos dous tripulantes dun veleiro francés que se afundiu a 160 millas das costas coruñesas. Científicos coruñeses descubren a primeira terapia celular para a artrite.Entrevistamos ó autor do estudo, Francisco J. Blanco,do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña.Todo a punto para celebra-la noite de San Xoán. Achegámoslle-los puntos a onde poden acudir para salta-las "cacharelas" e comer sardiñas(23/06/10)

Galicia Informativos
Más opciones