Un incendio intencionado causou a morte de dous bombeiros
Un golpe de vento atrapou ós dous brigadistas mortos no incendio intencionado de Fornelos.A Xunta califícao de "acción criminal" .O PSdGa-PSOE ofreceu o seu apoio para "loitar xuntos contra a lacra dos incendios".O BNG pediu unha "investigación rigorosa" para escrarece-lo ocorrido.O PP asegura que o Goberno de Zapatero construiu en seis meses menos quilómetros de autovía que a Xunta nun ano.Os socialistas galegos critican ás caixas pola venda de Reganosa e pídenlle á Xunta que amplíe a súa participación.Un home de 23 anos morreu en Pantón,Lugo,ó quedar atrapado polo coche que estaba amañando.Ecoloxistas galegos denuncian o que consideran un novo atentado da compañía eléctrica Iberdrola contra o río Sil.Reportaxe sobre as actividades da Asociación Galega pola Recuperación da Froita Autóctona do Eume(13/08/10)